subela s.f. Instrumento aguzado de metal, con mango de madeira, que se usa para furar coiro, goma, etc. O zapateiro utiliza a subela para face-los furados por onde despois ten que pasa-lo fío de coser.
Este cantariño novo
quen o trouxo a esta terra
os zapateiros de Noia
na punta dunha subela.
Costureira, pan na criba;
tecelana, no tear;
zapateiro, o pote cheo;
xastre, tixola no lar.
Se a nosa Cruña está probe
non é falta de diñeiro
que descubreuse unha mina
de xastres e zapateiros.
"Para adondar os coiros: os fornos e os lavadoiros."
"O zapato do amigo, moito pez e ben cosido"
Os zapateiros de Noia
valen pouco e van a menos
venden cento por un carto
como un prato de xurelos.
Eu ben vin estar o cuco
enriba do meu palleiro
coa subela na man
aprendendo a zapateiro.
Este cantariño novo
quen o trouxo a esta terra
os zapateiros de Noia
na punta dunha subela.
|